Banner
Banner
Banner

Mosca FECEGA FECEG, OBXETIVOS

A Federación de Asociacións Empresariais de Carpintería e Ebanistería de Galicia quer aportar coñecemento de seu no camiño da innovación.

Como representante do sector da segunda transformación en Galicia, a Federación de Asociacións Empresariais de Carpintería e Ebanistería de Galicia afronta o período 2007-2013 con inquedanzas e con saliantables pulos.

Afondar no coñecemento das empresas é un paso que temos que dar para ter capacidade de plantexar estratexias, iniciativas, actividades e procesos que fagan posible non só o mantemento do tecido empresarial, tamén o seu fortalecemento e o posicionamento competitivo nos mercados globais.

O obxetivo do informe publicado pola FECEG (pdf) é pois analizar e coñecer polo miudo a situación actual das empresas de Carpintería e Ebanistería de Galicia para ter validades as propostas sectoriais.

A revolución dos mercados mundiais é de tal envergadura que ten influencias directas e indirectas en calquera sector, de calquera territorio, nos tecidos empresariais e mais aínda nas bases estructurais socioeconómicas de calquera lugar do planeta. De calquera e tamén de todos os lugares do planeta.

Á globalización dos productos e procesos súmase á mundialización da productividade e fai obrigatorias novas perspectivas, da man das análises dos sectores industriais, pero tendo en conta as novas variables que transforman todas e cada unha das claves dos sectores económicos.

Afirmando a vocación de toda empresa: mantemento, mellora e expansión.

Este é o caso do subsector da Segunda Transformación da Madeira en Galicia.

Coñecer a situación da actividade que xeran as empresas danos referentes en canto o subsector como tal.

E coñecer qué estratexias ten o subsector da Segunda Transformación en Galicia pódenos colocar nunha situación de vantaxe que permita a definición e o Deseño dun Plan Director 2008-2011.

Focalizando o debate, e xa no mercado comunitario é certo que a Economía Europea está a sufrir un proceso de desaceleración impulsado polo menos por dous factores contradictorios:

  • Apreciación do euro fronte ao dólar (desaceleración da economía estadounidense e incremento dos déficits que implican unha depreciación da moeda), o que inflúe directamente no encarecemento das exportacións.

  • Encarecemento do petróleo xerado pola tendencia a empregar o euro como valor de cotización, situación ésta, que arranxa a vantaxe importadora que nun primeiro momento tivo a depreciación do dólar.

A crise económica xerada pola desestabilización do mercado da potencia de Estados Unidos ten fortes repercusións na economía xerada polo mercado europeo.

E aínda mais no caso español, con incidencias especiais en Galicia, hoxe coa clasificación de "rexión de converxencia".

As repercusións directas no sector da construcción xera unha cadea de minorizacións que pode ter moita sona nas empresas que a Federación de Empresarios de Carpintería e Ebanistería de Galicia representa.

En Galicia preocupa a influencia que pode ter no comercio exterior e nos procesos de internacionalización da actividade.

Mosca FECEG    Axenda
Setembro 2017
L M Mi X V S D
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30
Formación
Feiras
Outros
Mosca FECEG    Novas
LARES FINISTERRAE
Publicacións
Formación
Enlaces de Interese
Actualidade
Emprego
Tablón de Anuncios
Axudas e Subvencións
Colaboracións
FEDERACIÓN DE EMPRESAS DE CARPINTERÍA E EBANISTERÍA DE GALICIA  |  Plaza de mina 1 3º Izq  |  15004 - A Coruña  |  T 981 216 104 - F 981 222 286  |  feceg@feceg.es