FECEG A SÚA APOSTA POLA FORMACIÓN
Dende fai moitos anos a formación ocupa un lugar moi destacado na traxectoria das nosas empresas.
Dende a Federación promóvense Plans de Formación Continua Sectoriais de ámbito autónomico nas áreas mais demandadas, con accións formativas específicas de ocupación, e tamén con accións de contido transversal, cunha presenza moi relevante en formación de novas tecnoloxías.
Calidade, medio ambiente, prevención de riscos laborais.
Formación para todas as áreas funcionais das empresas e para as categorías empresariais con maior demanda de formación, facendo fincapé tamén na importancia dos idiomas, sobre todo do inglés como promoción da internacionalización e as novas formas de xestión das empresas.
Tamén participa en Plans de Formación con Confemadera, pola súa representatividade autonómica.
No últimos cinco anos, Feceg imparteu mais de 50 accións formativas, con mais de 150 edicións, nas catro provincias galegas e con moita fexibilidade en canto ó achegamento ós núcleos poboacionais.
Neste ano 2008 tamén Feceg lidera Plans de Formación Continua, con novidades nas áreas tecnolóxicas e tamén en formación sectorial.
Tamén na Formación Ocupacional.
Con accións formativas de Carpintería, Ebanistería, Calidade, Deseño, etc. Promovendo a formación en persoas que queren ingresar laboralmente nas nosas empresas, procurando unha oferta axeitada ós novos requerimentos profesionais.